Logos: Ministerio, Inaem

O Auditorio



O Auditorio Nacional de Música é un organismo dependente do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (Ministerio de Educación, Cultura y Deportes).

Obra do arquitecto José Mª García de Paredes, foi inaugurado o 21 de outubro de 1988 e a súa construción foi programada dentro do Plan Nacional de Auditorios, destinado a dotar ao país dunha adecuada infraestrutura musical.

O ANM desenvolve unha importante actividade no mundo da música, deixando as súas instalacións a disposición de persoas e entidades, públicas ou privadas, para a realización de actividades musicais. As súas dúas salas de concertos, Sinfónica e de Cámara, cunha capacidade de 2.324 e 692 localidades, respectivamente, permiten celebrar até catro concertos diarios, en sesións de tarde e noite.

A Orquestra e Coro Nacionais de España teñen a súa sede no ANM. Alén diso, o auditorio é a sede da Nova Orquestra Nacional de España.