Logos: Ministerio, Inaem

Virtual

Nesta sección poderá visualizar as dúas salas máis importantes do Auditorio Nacional de Música desde unha dobre perspectiva: desde unha butaca ou desde o centro do escenario.

Ao seleccionar unha das dúas opcións, simulador de butaca ou visita 360º, mostraráselle unha páxina con tres grandes bloques:

  • Vista simulada desde un bloque de butacas: probe a colocar o cursor cara a dereita ou esquerda da imaxe e verá como se inicia un xiro completo desde esa posición, permitíndolle observar toda a sala.
  • Selector de rexións da sala: á dereita, ten unha representación esquemática da planta da sala que seleccionara. Faga clic no botón "Desfacer selección" e a continuación seleccione unha pequena rexión co rato. Espere uns segundos e poderá ver á súa esquerda a nova imaxe cargada.
  • Filas e butacas representadas: é unha listaxe que inclúe as butacas que maior semellanza gardan na súa perspectiva coa imaxe cargada. Estas teñen unha relación directa coa rexión seleccionada no plano da dereita.